Formación en mergullo

Econoia Mergullo oirganiza un curso de formación en mergullo semiautónomo para a recollida de residuos mariños. Este curso terá lugar o vindeiro luns 29 de agosto de 2022 de 11:00 a 13:00 horas na aula da Confraría de Pescadores de Noia na rúa Uruguai, 1, detrás da Casa do Mar.
Recollida de residuos mariños

Econoia Mergullo ten programada unha recollida de residuos mariños os próximos días 5 e 6 de setembro de 2022. Sairase do porto do Freixo en Outes ás 9:00 da mañán. A limpeza terá lugar nos bancos marisqueiros de navalla da Confraría de Pescadores de Noia.