Próximas limpezas

Econoia 3. Accións

ACTUALIZACIÓN: A limpeza programada para o mércores 28 de setembro queda cancelada por chuvia. A praia de Broña será o punto de encontro para a limpeza do venres 30

Formación en mergullo

man in black shorts diving on water

Econoia Mergullo oirganiza un curso de formación en mergullo semiautónomo para a recollida de residuos mariños. Este curso terá lugar o vindeiro luns 29 de agosto de 2022 de 11:00 a 13:00 horas na aula da Confraría de Pescadores de Noia na rúa Uruguai, 1, detrás da Casa do Mar.

Recollida de residuos mariños

man swimming underwater

Econoia Mergullo ten programada unha recollida de residuos mariños os próximos días 5 e 6 de setembro de 2022. Sairase do porto do Freixo en Outes ás 9:00 da mañán. A limpeza terá lugar nos bancos marisqueiros de navalla da Confraría de Pescadores de Noia.

Resumo das accións de Econoia II

Un documental sobre marisqueo e medioambiente que recolle o desenvolvemento do proxecto Econoia II 2021-2022, acollido á segunda convocatoria do Plan Mar Limpo da Consellería do Mar. É unha acción de Responsabilidade Social Corporativa da Confraría de Pescadores de Noia (Galicia, A Coruña, España).

Exposición Arte da mar

Exposición ARTE DA MAR

Esta exposición ten como obxectivo dar a coñecer o proxecto Econoia 3 e sensibilizar sobre o problema do lixo mariño a través da linguaxe e as obras de Mar de Fábula, ALIVAVÁ, asociación A Creba, Museo Marea e as redeiras de Portosín. Meses de Agosto e Setembro 2022Casa de Cultura de PortosínEscamas s/n. Portosín. 15999 […]