Os mariscadores e mariscadoras a pé e mergulladores da Confraría de pescadores de Noia, levan retirado un millón de residuos e 82 toneladas da nosa ría, nos últimos 5 anos. Desde as confrarías, concellos, portos e asteleiros pódense eliminar moitas das fonte destes residuos, pero necesitan da colaboración de todos:
- Eliminación de antigos vertedoiros enterrados a pé de mar
- Eliminación de contedores e papeleiras nas zonas recreativas a pé de costa
- Eliminación das artes de pesca abandonadas nos portos
- Tratamento dos residuos industriais nos asteleiros
- Tratamento das augas residuais
Estes son os principais tipos de lixo que hai na ría de Noia, a súa orixe e o que podemos facer para que non acaben no mar:
Toalliñas hixiénicas
e salva-slips
Estes produtos, de base sintética, tupen os sumidoiros e averían as depuradoras. En moitas ocasións, os colectores levan estes produtos directamente á ría.
Nunca botes toalliñas ou salva-slips polo retrete.
Cabos
Proceden do arranxo dos aparellos, e sobre todo, das nasas.
Recolle todos os sobrantes dos cabos ao rematar o traballo.
Poliexpan e espumas
O poliexpan e as espumas son materiais moi frecuentes que se utilizan en embalaxes, isolantes, boias e artefactos flotantes.
Non utilices o poliexpan no mar.
En terra asegúrate de recoller os restos de poliexpan e espumas e depositalos no contedor adecuado.
Aparellos de pesca
As artes de pesca acaban no mar por perda, deterioro ou abandono. Os portos da ría están a ser unha das principais fontes destes residuos.
O mantemento dos portos é fundamental: Non abandones as artes nos peiraos porque acabarán por caer ao mar.
Informa da perda dos aparellos, especialmente se son artes de enmalle. Se atopas algún, manda ubicación ás asistencias técnicas das confrarías por si é posible retiralas nun futuro.
Envoltorios de alimentos, latas de bebida, botellas de plástico e bolsas
Os envases plásticos e metálicos, son arrastrados desde os sumidoiros e cunetas ao mar. As papeleiras e contedores das praias, dos paseos marítimos e das zonas recreativas, son as principais fontes de contaminación.
Non deixes no chan ningún envase ou envoltorio nos días de feira ou nas terrazas dos bares.
Non utilices papeleiras ou contedores das zonas recreativas. Leva os residuos de volta contigo. O máis probable é que acaben arrastrados ao mar.
Solicita ao teu Concello que retire as papeleiras ou contedores preto do mar ou nos lugares onde non vai poder baleiralos coa frecuencia necesaria. O máis probable é que aos residuos os leve o vento ou que os dispersen os animais.
Restos de madeira tratada
A madeira tratada con imprimacións ou pinturas proceden das embarcacións abandonadas.
Solicita ás autoridades a retirada das embarcacións abandonadas fóra dos portos.
Fragmentos plásticos variados
Plásticos que proceden de vertedoiros antigos das zonas do Siavo, Punta Picouto e O Sino.
Solicita ao Concello que elimine os vertedoiros antiguos da costa.
Roupa e calzado
Atópanse sobre todo nas desembocaduras do río Maior en Esteiro e do río Bendimón na Seca de Broña, arrastrados desde vertodoiros incontrolados.
Utiliza os contedores e os puntos limpos para depositar a roupa e o calzado.
Informa ao Concello de vertedoiros incontrolados nos ríos.
Pneumáticos e gomas
Os pneumáticos son usados para a defensa dos cascos das embarcacións e dos peiraos e as gomas para amarrar as varas dos mastros.
Deposita os pneumáticos das embarcacións nos contedores dos portos.
Recolle os restos das gomas utilizadas nas varas dos rastros
Láminas de pintura
Fragmentos pequenos de pintura acumúlanse nos portos e na contorna dos asteleiros da marxe norte da ría, resultado dos traballos de mantemento de embarcacións.
Cando pintes e pulas as embarcacións, protexe o chan cunha lona para recoller os restos de pintura e tíraos ao contedor adecuado.
DATOS DE CONTACTO
Supervisora do proxecto:
Liliana Solís Pais
liliana.solis.pais@cofradianoia.org