Limpeza O Freixo - San Cosme
Data
Venres, 28 de febreiro de 2025
Hora
8:30 h
Punto de encontro
Praia de Broña
Antes da limpeza
Estado da zona

O mapa indica as cantidades de lixo detectadas na zona da limpeza
Zonas de limpeza

Protocolo
A área de actuación exténdese desde O Freixo até a Barquiña de Outes. Está dividida en 11 zonas (A, B, Clasificación, D, E, F, G, H, I, J e K) (Véxase mapa). A área de clasificación dos residuos montarase ao principio da praia de Broña (no mesmo sitio que en limpezas pasadas).
Cada zona ten un grupo de participantes asociado coas/cos correspondentes coordinadoras/es.
Tómase lista ás 8:30 h no punto de encontro no aparcadoiro da praia de Broña, e desde aquí imos camiñando ás diferentes zonas de limpeza, salvo o grupo A ten que desprazarse en coche até a lonxa do Freixo, e o grupo K que vai até o peirao da Barquiña de Outes. O lugar de clasificación é no extremo oeste da praia de Broña (xa estivemos clasificando alí); ao final da limpeza da nosa zona, desprazámonos camiñando a este punto, para axudar na clasificación e firmar o parte de asistencia.
IMPORTANTE: Todos deben firmar o parte de asistencia antes de marchar, para poder xustificar a súa participación (firmado tamén polo presidente da agrupación); entregarase unha copia como comprobante. O horario mínimo de traballo é de 4 horas. O lugar onde se firmará o parte de asistencia é a zona de clasificación, no extremo oeste da praia de Broña, e os encargados son os membros da directiva da agrupación.
Material requerido
luvas de traballo,
chaleco de vixilancia da confraría,
roupa/calzado axeitado (os tramos I e J teñen canas e poderán estar molladas),
os tramos I e J teñen CANAS, neles HAI QUE TER MOITO COIDADO CANDO NOS AGACHEMOS A RECOLLER O LIXO,
navalla afiada para cortar cordas enredadas,
capacho.
Sacho pequeno para desenterrar residuos. IMPORTANTE ¡¡¡
Residuos a recoller
- Plásticos (grandes, pequenos e pequeniños ¡¡¡)
- Goma
- Vidro
- Porcelana
- Azulexos
- Metal
- Téxtiles
- Madeira tratada/pintada (palets, pezas de barcos, etc)
Residuos para NON recoller:
- Orgánicos (restos de comida e similares)
- Escombro (uralita, moreas de ladrillo,…)
Puntos de depósito
Na metade do paseo do Freixo.
Praia da seca de Broña.
Na pista á altura de punta Picouso.
Na pista un pouco máis adiante de punta Picouso.
Na área recreativa de punta Requeixo.
Xunto a edificación en ruínas.
Proximidade do peirao da Barquiña de Outes.
Reparto dos Grupos
A distribuír no punto de encontro. Con cada grupo irá un coordinador como mínimo. (P= persoas)
A: 25 P Lonxa do Freixo até despois de Mariscos Ramais.
B: 30 P Fondo da seca de Broña.
D: 15 P Lateral da seca de Broña.
E: 10 P Seca de Broña.
F: 20 P Praia de Broña.
G: 25 P Praias a continuación de Broña (son 2).
H: 25 P Punta Requeixo e contorna.
I: 25 P Enseada de Requeixo-sector oeste.
J: 25 P Enseada de Requeixo-sector leste.
K: 20 P Banco da Barquiña de Outes.
Clasificación: 5 P Extremo oeste da praia de Broña.
AVISO
O tramo D (río Bendimón) é o físicamente máis esixente, xa que temos unha gamela para retirar, que hai que desfacer a golpe de maza para poder sacala.
Chegar ao tramo J é un pouco complicado, polo terreo irregular.
Clasificaremos nas zonas de recollida.
A ter en conta
Atención aos líquidos descoñecidos – ¡non verter!
Voluminosos, transportar sen metelos nos sacos.
Recollemos tamén pezas pequenas plásticas, xa que son as que primeiro entran na cadea alimentaria e poden chegar a afectar ao marisco. (xa non se separan aparte, o plástico vai contado todo xunto)
A limpeza
Resultados
Participaron:
155
MARISCADORES E MARISCADORAS
Lixo extraído:
1.990Kg de lixo
177.961 obxectos
356 obxectos
120 kg
Metal
167.501 obxectos
750 kg
Plásticos
151 obxectos
30 kg
Textil
9.533 obxectos
190 kg
Vidro e cerámica
95 obxectos
120 kg
Goma
113 obxectos
780 kg
Outros














DATOS DE CONTACTO
Supervisora do proxecto:
Liliana Solís Pais
liliana.solis.pais@cofradianoia.org