Limpeza Boa - Barquiña

Data

Venres, 12 de maio de 2023

Hora

14:30 h

Punto de encontro

Porto de Testal

Antes da limpeza

Estado da zona

Cantidades de lixo:

Vermello: Bastante

Amarelo: Algún

Azul: pouco

O mapa indica as cantidades de lixo detectadas na zona da limpeza

Zonas de limpeza

Protocolo

A área de actuación exténdese dende Praia de Boa Grande até o pantalán da Barquiña de Noia. Está dividida en 9 zonas (A, B, Clasificación, D, E, F, G, H e I) (Véxase mapa). A área de clasificación dos residuos montarase no Testal na explanada entre o clube de remo e o viaduto (no mesmo sitio que as limpezas de anos pasados).

Cada zona ten un grupo de participantes asociado cos/coas correspondentes coordinadores/as.

Tómase lista ás 14:30 h no punto de encontro na explanada que hai entre o clube de remo e o viaduto, e desde aquí uns pouquiños irán camiñando ás zonas de limpeza (grupos E e F), e os restantes terán que desprazarse en coche. O lugar de clasificación é a explanada entre o clube de remo e o viaduto (xa estivemos clasificando alí varias veces ¡¡¡); ao final da limpeza da nosa zona, desprazámonos a este punto, para axudar na clasificación e firmar o parte de asistencia.

IMPORTANTE: Todos deben firmar o parte de asistencia antes de marchar, para poder xustificar a súa participación; entregarase unha copia como comprobante. O horario mínimo de traballo é de 4 horas. O lugar onde se firmará o parte de asistencia é a zona de clasificación, entre o clube de remo e o viaduto, e os encargadas son Rafa e Pancho (de Arcea), xunto con Quico (presidente da agrupación) e outros membros da directiva da agrupación.

Material requerido

  • 2 bolsas pequenas (das da froita do súper)
  • luvas de traballo,
  • chaleco de vixilancia da confraría,
  • roupa/calzado axeitado (os tramos H e I teñen canas e estarán molladas),
  • gafas protectoras para os ollos (na medida do posible; só nos tramos H e I os que hai canas)
  • navalla afiada para cortar cordas enredadas,
  • capacho.
  • Sacho pequeno para desenterrar residuos.

Residuos a recoller

  • Plásticos (grandes, pequenos e pequeniños ¡¡¡)
  • Goma
  • Vidro
  • Porcelana
  • Azulexos
  • Metal
  • Téxtiles
  • Madeira tratada/pintada (palets, pezas de barcos, etc)

Non recolleremos:
  • Orgánicos (excepto: madeira tratada/pintada (palets, pezas de barcos, etc))
  • Escombro (uralita, moreas de ladrillo,…)
 
Nesta limpeza centrarémonos na recollida de lixo pequeno, polo que é importante que traiades de casa dúas bolsiñas pequenas.

Puntos de depósito

  1. Praia da seca de Broña.
  2. Na pista á altura de punta Picouto.
  3. Na pista un pouco máis adiante de punta Picouto.
  4. Na área recreativa de punta Requeixo.

Reparto dos Grupos

A distribuír no punto de encontro. Con cada grupo irá un coordinador como mínimo. (P= persoas)

A: 25 P Praia de Boa Grande.

B: 15 P Praia de Boa Chica até o 2º cartel de prohibido mariscar.

D: 15 P Desde o cartel de prohibido mariscar até as pasarelas de Testal.

E: 25 P Testal oeste (praia e xunqueira, desde as pasarelas até o porto).

F: 25 P Testal leste (desde o porto, ao longo da praia).

G: 20 P Obre (desde a Cruz Vermella).

H: 25 P Abruñeiras (paseo de Noia).

I: 25 P Praia da Barquiña (punta da depuradora-pantalán)..

Clasificación: 7 P Na explanada entre o clube de remo e o viaduto.

A ter en conta

  • Atención aos líquidos descoñecidos. Non verter!
  • Voluminosos, transportar sen metelos nos sacos.
  • Recollemos tamén pezas pequenas plásticas (hai moitas), xa que son as que primeiro entran na cadea alimentaria e poden chegar a afectar ao marisco.

A limpeza

Resultados

Participaron: