Limpeza Broña - Requeixo

Data

Venres, 30 de setembro de 2022

Hora

10:30 h

Punto de encontro

Aparcadoiro da praia de Broña.

Antes da limpeza

Estado da zona

Cantidades de lixo:

Vermello: Bastante

Amarelo: Algún

Azul: pouco

O mapa indica as cantidades de lixo detectadas na zona da limpeza

Zonas de limpeza

Protocolo

A área de actuación exténdese dende Siavo (asteleiro) até a enseada do Requeixo. Está dividida en 10 zonas (A, B, C, D, E, F, G, H, I e Clasificación) (Véxase mapa das zonas de limpeza). A área de clasificación dos residuos montouse no extremo oeste da praia de Broña (no mesmo sitio que limpezas pasadas).

Cada zona ten un grupo de participantes asociado cos/coas correspondentes coordinadores/as.

Tomase lista ás 10:30 h no punto de encontro no aparcadoiro da praia de Broña, e desde aquí imos camiñando ás diferentes zonas de limpeza. O grupo A de Siavo, desprázase en coche. O lugar de clasificación é no extremo oeste da praia de Broña (xa estivemos clasificando alí); ao final da limpeza da nosa zona, desprazámonos camiñando a este punto, para axudar na clasificación e firmar o parte de asistencia.

Material requerido

  • 2 bolsas pequenas (das da froita do súper)
  • luvas de traballo,
  • chaleco de vixilancia da confraría,
  • roupa/calzado axeitado (os tramos H e I teñen canas e estarán molladas),
  • gafas protectoras para os ollos (na medida do posible; só nos tramos H e I os que hai canas)
  • navalla afiada para cortar cordas enredadas,
  • capacho.
  • Sacho pequeno para desenterrar residuos.

Residuos a recoller

  • Plásticos (grandes, pequenos e pequeniños ¡¡¡)
  • Goma
  • Vidro
  • Porcelana
  • Azulexos
  • Metal
  • Téxtiles
  • Madeira tratada/pintada (palets, pezas de barcos, etc)

Non recolleremos:
  • Orgánicos (excepto: madeira tratada/pintada (palets, pezas de barcos, etc))
  • Escombro (uralita, moreas de ladrillo,…)
 
Nesta limpeza centrarémonos na recollida de lixo pequeno, polo que é importante que traiades de casa dúas bolsiñas pequenas.

Puntos de depósito

  1. Praia da seca de Broña.
  2. Na pista á altura de punta Picouto.
  3. Na pista un pouco máis adiante de punta Picouto.
  4. Na área recreativa de punta Requeixo.

Reparto dos Grupos

Os grupos distribúense no punto de encontro. Con cada grupo irá un coordinador como mínimo.

A: 20 persoas. Siavo (zona de praias, até o asteleiro).

B: 15 persoas. Fondo da seca de Broña (praia e varadoiro).

D: 30 persoas. Seca de Broña (intermareal).

E: 15 persoas. Praia e intermareal de Broña.

F: 20 persoas. Praias a continuación de Broña (son 2 praias).

G: 20 persoas. Contorna de Punta Requeixo.

H: 60 persoas. Enseada de Requeixo, 1º sector.

I: 60 persoas.  Enseada de Requeixo, 2º sector.

J: 10 persoas. Intermareal exterior da enseada de Requeixo.

Clasificación: 7 persoas. Extremo oeste praia de Broña.

A ter en conta

  • Atención aos líquidos descoñecidos. Non verter!
  • Voluminosos, transportar sen metelos nos sacos.
  • Recollemos tamén pezas pequenas plásticas (hai moitas), xa que son as que primeiro entran na cadea alimentaria e poden chegar a afectar ao marisco.

A limpeza

Resultados

Participaron:

217

MARISCADORES E MARISCADORAS

Lixo extraído: