Limpeza Punta Albán – Paseo Marítimo Noia
Data
Venres, 14 de marzo de 2025
Hora
8:30 h
Punto de encontro
Seilán (Outes)
Antes da limpeza
Estado da zona

O mapa indica as cantidades de lixo detectadas na zona da limpeza
Zonas de limpeza

Protocolo
A área de actuación exténdese desde Punta Albán (Outes) até o paseo de Noia. Está dividida en 9 zonas (A, B, Clasificación, D, E, F, G, H e I) (Véxase mapa). A área de clasificación dos residuos montarase na explanada por baixo do antigo hospital de Seilán (no mesmo sitio que en limpezas pasadas).
Cada zona ten un grupo de participantes asociado coas/cos correspondentes coordinadoras/es.
Tómase lista ás 8:30 h no punto de encontro na explanada baixo o edificio abandonado do antigo hospital de Seilán. Desde aquí teremos que desprazarnos en coche até as diferentes zonas de limpeza excepto os grupos D e E, que irán camiñando. Ao final da limpeza da nosa zona, desprazámonos novamente ao punto de encontro, para axudar na clasificación e firmar o parte de asistencia.
IMPORTANTE: Todos deben firmar o parte de asistencia antes de marchar, para poder xustificar a súa participación (firmado tamén polo presidente da agrupación); entregarase unha copia como comprobante. O horario mínimo de traballo é de 4 horas. O lugar onde se firmará o parte de asistencia é a zona de clasificación, na explanada por baixo do antigo hospital de Seilán, e os encargados son os membros da directiva da agrupación.
O número de persoas en cada zona está axustado á cantidade de lixo que hai. Se o grupo no que estamos ten moitos integrantes e outros precisan de máis xente, debemos ter flexibilidade para cambiar de grupo.
AVISO¡¡
Os tramos D e E, en Punta Peón, son os físicamente máis esixentes, xa que temos que darnos un bo paseo, e logo levar os sacos ao punto de recollida baixo o viaduto (o acceso para un vehículo até a punta non é posible).
Clasificaremos nas zonas de recollida.
Material requerido
luvas de traballo,
chaleco de vixilancia da confraría,
roupa/calzado axeitado,
navalla afiada para cortar cordas enredadas,
- capacho.
Sacho pequeno para desenterrar residuos. IMPORTANTE ¡¡¡
Residuos a recoller
- Plásticos (grandes, pequenos e pequeniños ¡¡¡)
- Goma
- Vidro
- Porcelana
- Azulexos
- Metal
- Téxtiles
- Madeira tratada/pintada (palets, pezas de barcos, etc)
Residuos para NON recoller:
- Orgánicos (restos de comida e similares)
- Escombro (uralita, moreas de ladrillo,…)
Puntos de depósito
Xunto ao pantalán.
Baixo viaduto de Langaño.
Baixo o viaduto á altura de Punta Peón.
Na beira da estrada.
Peirao da Barquiña.
Baixo o viaduto da Barquiña.
Xunto ao churrasco do Floro.
Reparto dos Grupos
A distribuír no punto de encontro. Con cada grupo irá un coordinador como mínimo. (P= persoas)
A: 15 P Punta Albán (pantalán).
B: 40 P Aserradoiro viaduto de Langaño .
D: 15 P Punta Peón leste. E: 15 P Punta Peón oeste. F: 20 P Punta Paralada.
G: 20 P Peirao da Barquiña de Noia.
H: 15 P .Viaduto da enseada da Barquiña até a depuradora.
I: 25 P Paseo de Noia (Churrasco do Floro até o edificio dos remeiros).
Clasificación: 5 P Explanada por baixo do antigo hospital de Seilán.
A ter en conta
Atención aos líquidos descoñecidos – ¡non verter!
Voluminosos, transportar sen metelos nos sacos.
Recollemos tamén pezas pequenas plásticas, xa que son as que primeiro entran na cadea alimentaria e poden chegar a afectar ao marisco. (xa non se separan aparte, o plástico vai contado todo xunto)
A limpeza
Resultados
Participaron:
159
MARISCADORES E MARISCADORAS
Lixo extraído:
1.870 kg de lixo
93.338 obxectos
426 obxectos
150 kg
Metal
70.549 + 10.500 obxectos
850 kg
Plásticos + Toalliñas
23 obxectos
5 kg
Textil
11.549 obxectos
215 kg
Vidro e cerámica
53 obxectos
350 kg
Goma
79 obxectos
300 kg
Outros














DATOS DE CONTACTO
Supervisora do proxecto:
Liliana Solís Pais
liliana.solis.pais@cofradianoia.org