Limpeza Punta Albán – Punta Paralada

Data

Xoves, 11 de maio de 2023

Hora

13:00 h

Punto de encontro

Hospital de Seilán

Antes da limpeza

Estado da zona

Cantidades de lixo:

Vermello: Bastante

Amarelo: Algún

Azul: pouco

O mapa indica as cantidades de lixo detectadas na zona da limpeza

Zonas de limpeza

Protocolo

A área de actuación exténdese dende Punta Albán (pantalán) (Outes) até a Punta Paralada (Noia). Está dividida en 11 zonas (A, B, Clasificación, D, E, F, G, H, I, J e K) (Véxase mapa). A área de clasificación dos residuos montarase no aparcamento do antigo hospital de Seilán (xa estivemos clasificando alí varias veces).

Cada zona ten un grupo de participantes asociado cos/coas correspondentes coordinadores/as.

Tómase lista ás 13:00 h no punto de encontro no explanada do antigo hospital de Seilán, e desde aquí uns pouquiños irán camiñando ás zonas de limpeza (grupos F, G, H e I), e outros terán que desprazarse en coche. O lugar de clasificación é nunha explanada xunto ao antigo hospital de Seilan (xa estivemos clasificando alí varias veces ¡¡¡); ao final da limpeza da nosa zona, desprazámonos a este punto, para axudar na clasificación e firmar o parte de asistencia.

IMPORTANTE: Todos deben firmar o parte de asistencia antes de marchar, para poder xustificar a súa participación; entregarase unha copia como comprobante. O horario mínimo de traballo é de 4 horas. O lugar onde se firmará o parte de asistencia é a zona de clasificación, no antigo hospital de Seilán, e os encargadas son Rafa e Pancho (de Arcea), xunto con Quico (presidente da agrupación) e outros membros da directiva da agrupación.

Nesta limpeza centrarémonos nalgúns tramos na recollida de lixo pequeno, polo que é importante que traiades de casa dúas bolsiñas pequenas (das da froita do súper).

Material requerido

  • 2 bolsas pequenas (das da froita do súper)
  • luvas de traballo,
  • chaleco de vixilancia da confraría,
  • roupa/calzado axeitado (o tramo G ten canas e poden estar molladas),
  • gafas protectoras para os ollos (na medida do posible); só no tramo G ; HAI QUE TER MOITO COIDADO COS OLLOS CANDO NOS AGACHEMOS A RECOLLER O LIXO ENTRE CANAS,
  • navalla afiada para cortar cordas enredadas,
  • capacho.
  • Sacho pequeno para desenterrar residuos.

Residuos a recoller

  • Plásticos (grandes, pequenos e pequeniños ¡¡¡)
  • Goma
  • Vidro
  • Porcelana
  • Azulexos
  • Metal
  • Téxtiles
  • Madeira tratada/pintada (palets, pezas de barcos, etc)

Non recolleremos:
  • Orgánicos (excepto: madeira tratada/pintada (palets, pezas de barcos, etc))
  • Escombro (uralita, moreas de ladrillo,…)
 
Nesta limpeza centrarémonos na recollida de lixo pequeno, polo que é importante que traiades de casa dúas bolsiñas pequenas.

Puntos de depósito

  1. Xunto ao pantalán de punta Albán.
  2. Xunto á praia de Arnela.
  3. Debaixo do viaduto de Langano.
  4. Debaixo do viaduto de Seilán.
  5. Debaixo do viaduto de Seilán, extremo sur.
  6. Punta Paralada e contorna.

Reparto dos Grupos

A distribuír no punto de encontro. Con cada grupo irá un coordinador como mínimo. (P= persoas)

A: 20 P Pantalán de Punta Albán, en dirección a Broña.

B: 20 P Pantalán de Punta Albán até a praia de Arnela.

D: 25 P Desde o viaduto de Langano até a praia de Arnela.

E: 25 P Contorna do viaduto de Langano.

F: 10 P Contorna do viaduto de Seilán.

G: 15 P Ponte de Seilán (canas).

H: 10 P Intermedio ponte de Seilán – Punta Peón.

I: 20 P Punta Peón.

J: 15 P Punta Paralada I (cara Punta Peón).

K: 25 P Punta Paralada II (cara o pantalán do cruceiro da Barquiña)

Clasificación: 7 P Na explanada de sempre no antigo hospital de Seilán.

A ter en conta

  • Atención aos líquidos descoñecidos. Non verter!
  • Voluminosos, transportar sen metelos nos sacos.
  • Recollemos tamén pezas pequenas plásticas (hai moitas), xa que son as que primeiro entran na cadea alimentaria e poden chegar a afectar ao marisco.

A limpeza