Limpeza Siavo - Barquiña de San Cosme
Data
Martes, 09 de maio 2023
Hora
11:00 h
Punto de encontro
Aparcadoiro da praia de Broña.
Antes da limpeza
Estado da zona
![](https://econoia.gal/wp-content/uploads/2023/05/estado-siavo.png)
Cantidades de lixo:
Vermello: Bastante
Amarelo: Algún
Azul: pouco
O mapa indica as cantidades de lixo detectadas na zona da limpeza
Zonas de limpeza
![](https://econoia.gal/wp-content/uploads/2023/05/zonas-siavo-1.png)
Protocolo
A área de actuación exténdese dende Siavo (asteleiro) até a Barquiña de San Cosme. Está dividida en 10 zonas (A, B, Clasificación, D, E, F, G, H e I) (Véxase mapa). A área de clasificación dos residuos montarase no extremo oeste da praia de Broña (no mesmo sitio que limpezas pasadas).
Cada zona ten un grupo de participantes asociado cos/coas correspondentes coordinadores/as.
Tómase lista ás 11:00 h no punto de encontro no aparcadoiro da praia de Broña, e desde aquí imos camiñando ás diferentes zonas de limpeza. Os grupos A de Siavo e J da Barquiña de San Cosme desprázanse en coche. O lugar de clasificación é no extremo oeste da praia de Broña (xa estivemos clasificando alí varias veces); ao final da limpeza da nosa zona, desprazámonos camiñando a este punto, para axudar na clasificación e firmar o parte de asistencia.
Material requerido
- 2 bolsas pequenas (das da froita do súper)
- luvas de traballo,
- chaleco de vixilancia da confraría,
- roupa/calzado axeitado (os tramos H e I teñen canas e estarán molladas),
- gafas protectoras para os ollos (na medida do posible; só nos tramos H e I os que hai canas)
- navalla afiada para cortar cordas enredadas,
- capacho.
- Sacho pequeno para desenterrar residuos.
Residuos a recoller
- Plásticos (grandes, pequenos e pequeniños ¡¡¡)
- Goma
- Vidro
- Porcelana
- Azulexos
- Metal
- Téxtiles
- Madeira tratada/pintada (palets, pezas de barcos, etc)
- Orgánicos (excepto: madeira tratada/pintada (palets, pezas de barcos, etc))
- Escombro (uralita, moreas de ladrillo,…)
Puntos de depósito
- Praia da seca de Broña.
- Na pista á altura de punta Picouto.
- Na pista un pouco máis adiante de punta Picouto.
- Na área recreativa de punta Requeixo.
- No peirao da Barquiña de San Cosme.
Reparto dos Grupos
A distribuír no punto de encontro. Con cada grupo irá un coordinador como mínimo. (P= persoas)
Grupo A, 20 persoas: Siavo (zona de praias, até o asteleiro). Este grupo desprázase en coche.
Grupo B, 25 persoas: Fondo da seca de Broña (praia e varadoiro).
Grupo D, 30 persoas: Seca de Broña (intermareal).
Grupo E, 25 persoas: Praia e intermareal de Broña.
Grupo F, 45 persoas: Praias a continuación de Broña (son 2 praias).
Grupo G, 25 persoas: Contorna de Punta Requeixo.
Grupo H, 25 persoas: Enseada de Requeixo, 1º sector.
Grupo I, 40 persoas: Enseada de Requeixo, 2º sector.
Grupo J, 25 persoas: Intermareal da Barquiña de San Cosme. Este grupo desprázase en coche.
Clasificación: 7 persoas: Extremo oeste praia de Broña
A ter en conta
- Atención aos líquidos descoñecidos. Non verter!
- Voluminosos, transportar sen metelos nos sacos.
- Recollemos tamén pezas pequenas plásticas (hai moitas), xa que son as que primeiro entran na cadea alimentaria e poden chegar a afectar ao marisco.
La limpeza
Resultados
Participaron:
267
MARISCADORES E MARISCADORAS
Lixo extraído:
1.225 Kg de lixo
96.549 obxectos
509 obxectos
90 kg
Metal
86.422 obxectos
700 kg
Plásticos
840 obxectos
150 kg
Textil
7.991 obxectos
95 kg
Vidro e cerámica
442 obxectos
40 kg
Goma
345 obxectos
150 kg
Outros
![](https://econoia.gal/wp-content/uploads/2022/07/logo-xunta.png)
![](https://econoia.gal/wp-content/uploads/2022/07/logo-ue.png)
![](https://econoia.gal/wp-content/uploads/2022/07/logo-marlimpo.png)
![](https://econoia.gal/wp-content/uploads/2022/07/logo-cofradia-1-150x150.png)
![](https://econoia.gal/wp-content/uploads/2022/07/logo-mardefabula-1-150x150.png)
![Concello de Noia](https://econoia.gal/wp-content/uploads/2022/07/logo-noia-1-150x150.png)
![Liceo de Noia](https://econoia.gal/wp-content/uploads/2022/07/logo-liceo-1-300x300.png)
![Confraría Portosín](https://econoia.gal/wp-content/uploads/2022/07/logo-cofportosin-1-150x150.png)
![Concello de Muros](https://econoia.gal/wp-content/uploads/2022/07/logo-muros-1-150x150.png)
![Asoc. A Creba. Saúde mental](https://econoia.gal/wp-content/uploads/2022/07/logo-acreba-1-300x300.png)
![Añón](https://econoia.gal/wp-content/uploads/2022/07/logo-anhon-1-150x150.png)
![Asoc. Redeiras Portosín](https://econoia.gal/wp-content/uploads/2022/07/logo-redeiras-2-300x300.png)
![Asoc. Empresarios Portosín](https://econoia.gal/wp-content/uploads/2022/07/logo-aep-1-150x150.png)
![Veleiro Joaquín Vieta](https://econoia.gal/wp-content/uploads/2022/07/logo-vieta-1-150x150.png)
DATOS DE CONTACTO
Supervisora do proxecto:
Liliana Solís Pais
liliana.solis.pais@cofradianoia.org