Visitas guiadas á Exposición Arte da mar na casa da cultura de Portosín (Porto do Son, A Coruña) de martes a domingo de 9:00 a 14:00 os meses de agosto e setembro 2022
FOLLA DE RUTA DA EXPOSICIÓN
Mar de Fábula é unha asociación sen ánimo de lucro que ten por obxectivo limpar o mar. Nesta exposición xunto co proxecto artístico ALIVAVÁ (Alicia e Sven) daranlle visibilidade ás diferentes pezas e creacións para concienciarnos da necesidade de asumir esta posición artística como unha mensaxe de conciencia que dialoga co espectador para facernos comprender o dano que fai o lixo ao mar e as todas as criaturas que o habitan.
O Museo Marea de Porto do Son está dedicado a recoller, investigar e transmitir a memoria das xentes do mar. Vellos aparellos, fotografias antiguas, relatos orais, nun espacio expositivo cuidado e moderno, falan das vivencias dos homes e mulleres deste litoral. A Creba colabora con creacións a partir de materiais reutilizados do lixo mariño das limpezas