Estupenda reportaxe sobre ECONOIA que contribue á divulgar e concienciar sobre o impacto do lixo mariño. Trátase dunha curtametraxe documental realizada no marco das Activades Paralelas da V Mostra MDFDM 2022 polo alumnado do IES Poeta Añón do Concello de Outes. A obra amosa o traballo desenvolvido pola Agrupación de Mariscadoras da Confraría de Pescadores de San Bartolomé de Noia durante varias actuacións do Proxecto ECONOIA 3. O alumnado grava, edita e participa decididamente, nunha película que chama a atención sobre a grave situación de contaminación das nosas costas, provocada directamente pola acción humana.
DATOS DE CONTACTO
Supervisora do proxecto:
Liliana Solís Pais
liliana.solis.pais@cofradianoia.org