Limpeza Seilán - A Barquiña

Data

Luns, 3 de outubro de 2022

Hora

15:00 h

Punto de encontro

Hospital de Seilán (Outes)

Antes da limpeza

Estado da zona

Cantidades de lixo:

Vermello: Bastante

Amarelo: Algún

Azul: pouco

O mapa indica as cantidades de lixo detectadas na zona da limpeza

Zonas de limpeza

Protocolo

A área de actuación exténdese río arriba, desde o pantalán da Barquiña ata o viaducto de Seilán. Está dividido en 10 zonas (A, B, D, E, F, G, H, I, J e Clasificación) (Véxase mapa). A área de clasificación dos residuos montarase no aparcamento do antigo hospital de Seilán (no mesmo sitio que nas limpezas precedentes na zona). Os tramos F, G, H e I requiren de desprazamento en coche despois de pasar lista.
Cada zona ten un grupo de participantes asociado cos/coas correspondentes coordinadores/as.
Tómase lista as 15:00 h no punto de encontro do Hospital de Seilán; ao final da limpeza voltamos a este punto, para axudar na clasificación e firmar o parte de asistencia. Tras pasar lista, os que traballen nos tramos F, G, H e I desprazaranse en vehículo á zona.

Material requerido

  • 2 bolsas pequenas (das da froita do súper)
  • luvas de traballo,
  • chaleco de vixilancia da confraría,
  • roupa/calzado axeitado (os tramos H e I teñen canas e estarán molladas),
  • gafas protectoras para os ollos (na medida do posible; só nos tramos H e I os que hai canas)
  • navalla afiada para cortar cordas enredadas,
  • capacho.

Residuos a recoller

  • Plásticos (grandes, pequenos e pequeniños ¡¡¡)
  • Goma
  • Vidro
  • Porcelana
  • Azulexos
  • Metal
  • Téxtiles
  • Madeira tratada/pintada (palets, pezas de barcos, etc)
Non recolleremos:
  • Orgánicos (excepto: madeira tratada/pintada (palets, pezas de barcos, etc))
  • Escombro (uralita, moreas de ladrillo,…)

Puntos de depósito

  1. Baixo viaducto Ponte de Seilán.
  2. Punta Paralada (illa Perejil).
  3. Acceso Punta Paralada. 
  4. Explanada herbosa (Barquiña tramo 2).
  5. Pantalán

Reparto dos Grupos

Os grupos distribúense no punto de encontro. Con cada grupo irá un coordinador como mínimo.

J: 20 persoas. Ponte de Seilán, beira Outes

A: 35 persoas. Ponte de Seilán, beira Noia

B: 25 persoas. Intermedio Punta Peón – Ponte de Seilán

D: 30 persoas. Antes de Punta Peón

E: 30 persoas. Punta Peón

F: 20 persoas. Intermedio Punta Paralada – Punta Peón

G: 20 persoas. Punta Paralada

H: 30 persoas. Barquiña tramo

I: 30 persoas. Barquiña tramo 2 (desde pantalán, río arriba)

Clasificación: 7 persoas. Clasificación no aparcadoiro do hospital de Seilán

A ter en conta

  • Atención aos líquidos descoñecidos. Non verter!
  • Voluminosos, transportar sen metelos nos sacos.
  • Recollemos tamén pezas pequenas plásticas, xa que son as que primeiro entran na cadea alimentaria e poden chegar a afectar ao marisco.

A limpeza

Resultados

Participaron:

217

MARISCADORES E MARISCADORAS

Lixo extraído: