Limpeza Freixo - Esteiro
Data
Venres, 05 de maio 2023
Hora
08:30 h
Punto de encontro
Xunto á lonxa de O Freixo
Antes da limpeza
Estado da zona
Cantidades de lixo:
Vermello: Bastante
Amarelo: Algún
Azul: pouco
O mapa indica as cantidades de lixo detectadas na zona da limpeza
Zonas de limpeza
Protocolo
A área de actuación exténdese dende O Freixo até Esteiro. Está dividida en 11 zonas (A, B, Clasificación, D, E, F, G, H, I, J e K) (Véxase mapa). A área de clasificación dos residuos montarase xunto ao edificio da lonxa de O Freixo (Outes).
Cada zona ten un grupo de participantes asociado cos/coas correspondentes coordinadores/as.
Tómase lista ás 08:30 no punto de encontro. Desde aquí os grupos A, B e D van camiñando ás zonas de limpeza; os restantes grupos teñen que coller os coches, e desprazarse ás restantes zonas de limpeza. Como o sitio para aparcar é limitado, compartimos coche para facer estes desprazamentos. O lugar de clasificación é xunto ao edificio da lonxa de O Freixo; ao final da limpeza, voltamos a este punto, para axudar na clasificación e firmar o parte de asistencia.
IMPORTANTE: Todos deben firmar o parte de asistencia antes de marchar, para poder xustificar a súa participación (firmado tamén polo presidente da agrupación); entregarase unha copia como comprobante. O horario mínimo de traballo é de 4 horas. O lugar onde se firmará o parte de asistencia é a zona de clasificación no Freixo, e os encargados son Rafa e Pancho (de Arcea), xunto con Quico (presidente da agrupación) e outros membros da directiva da agrupación.
As zonas de aparcamento nos tramos de limpeza E, F, G e H son limitadas, por iso temos que compartir vehículo para desprazarnos até alí despois de pasar lista no Freixo.
Material requerido
- Algunha bolsa pequena (das da froita do súper)
- luvas de traballo,
- chaleco de vixilancia da confraría,
- roupa/calzado axeitado
- navalla afiada para cortar cordas enredadas,
- capacho. IMPORTANTE!!!
- Sacho pequeno para desenterrar residuos. IMPORTANTE!!!
Residuos a recoller
- Plásticos (grandes, pequenos e pequeniños)
- Goma
- Vidro
- Porcelana
- Azulexos
- Metal
- Téxtiles
- Madeira tratada/pintada (palets, pezas de barcos, etc)
- Orgánicos (excepto: madeira tratada/pintada (palets, pezas de barcos, etc))
- Escombro (uralita, moreas de ladrillo,…)
Puntos de depósito
- Na entrada da Praia Picouso.
- Metade do paseo (hai entrada para vehículo).
- Xunto a nave mariscos Ramais.
- Xunto caseto antiga concesión (hai entrada para vehículo).
- Na pista do criadeiro.
- Na pista desde onde se colle o camiño á praia.
- Na pista desde onde se colle o camiño á praia.
- Na mesma praia de Paramean.
- No aparcadoiro da praia de Esteiro.
- Estrada de acceso á lonxa de Esteiro.
Reparto dos Grupos
A distribuír no punto de encontro. Con cada grupo irá un coordinador como mínimo. (P= persoas)
A: 15 P Praia Picouso.
B: 25 P Lonxa de O Freixo – nave Mariscos Ramais.
D: 15 P Nave mariscos Ramais – antes do muro do aserradoiro.
E: 25 P Praia de Cotarín e contorna (criadeiro).
F: 10 P Praia de Arnela.
G: 15 P Praia de Porto de Boix e contorna (illa da Creba).
H: 40 P Praia Paramean (enseada de Esteiro).
I: 20 P Praia de Esteiro (enseada de Esteiro).
J: 30 P Bancos de Esteiro I.
J: 45 P Bancos de Esteiro II.
Clasificación: 10 P No Freixo, xunto ao edificio da lonxa.
A ter en conta
- Atención aos líquidos descoñecidos. Non verter!
- Voluminosos, transportar sen metelos nos sacos.
- Recollemos tamén pezas pequenas plásticas (hai moitas), xa que son as que primeiro entran na cadea alimentaria e poden chegar a afectar ao marisco.
- As xiringas que atopemos, NUNCA SE METEN NUNHA BOLSA MEZCLADAS CON OUTRO LIXO, dámosllas ao coordinador de grupo.
A limpeza
Resultados
Participaron:
182
MARISCADORES E MARISCADORAS
Lixo extraído:
3.430 Kg de lixo
53.443 obxectos
467 obxectos
150 kg
Metal
41.412 obxectos
920 kg
Plásticos
508 obxectos
150 kg
Textil
10.681 obxectos
95 kg
Vidro e cerámica
95 obxectos
450 kg
Goma
280 obxectos
1.665 kg
Outros
DATOS DE CONTACTO
Supervisora do proxecto:
Liliana Solís Pais
liliana.solis.pais@cofradianoia.org