ACTUALIZACIÓN: A limpeza programada para o mércores 28 de setembro queda cancelada por chuvia. A praia de Broña será o punto de encontro para a limpeza do venres 30
Comezan a próxima semana as limpezas de lixo mariño. Levaránnas a cabo 256 mariscadores e mariscadoras a pé do Econoia3 do Plan Mar Limpo. O lixo será xestionado polos concellos de Noia, Outes e Muros segundo a costa afectada. A Confraría de Pescadores de Noia porá persoal e medios de apoio.
As limpezas terán lugar o mércores día 28 de setembro ás 9:30 e máis o venres 30 ás 10:30. O punto de encontro está aínda por determinar.